Deportes

- Andaina Goza do Ulla 2024: Dodro - Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Andaina Goza do Ulla 2024: Dodro - Rianxo

O programa de Roteiros Goza do Ulla volve a Rianxo o vindeiro 6 de xullo "As Brañas - Tres Cruces", nesta edición organizada conxuntamente polos servizos de deportes dos Concellos de Dodro e Rianxo. O programa consta dun total de 18 andainas promovidas polos concellos bañados polo Río Ulla (mais información no folleto do apartado de descargas).

O trazado previsto é lineal e percorre camiños de Dodro e Rianxo, con saída na Lavandeira (Imo, Dodro) e chagada á Rañó (Leiro, Rianxo), pasando por  varios lugares destacados da contorna do río Ulla. Destacan o conxunto de hórreos da Lavandeira, as Brañas e as Tres Cruces, onde se atopa un Vía Crucis marítimo-fluvial con fantásticas vistas e espazo de interese para a observación de aves. O percorrido permitiranos divisar o esteiro do Ulla, a ría de Arousa e a marxe oposta pertencente aos municipios de Catoira e Vilagarcía, incluíndo a Illa de Cortegada.

Información da andaina:
​​​​​​Actividade de balde.
Data: Sábado, 6 de xullo.
Hora de inicio: 09:30 h
​​​​​​​Lugar de inicio: A Lavandeira, no lugar de Imo (Dodro).
GPS 42º42´45.71” N 8º43´26.63” O
Google maps
​​​​​​​Lugar de remate: Praza da Veliña, en Rañó (Leiro)
Duración (aprox.): Entre 3,5 e 4,5 horas, segundo o ritmo.
Distancia (aprox.): 18 Km
​​​​​​​Autobuses: Ao remate da andaina haberá servizo de autobuses para volver ao punto de inicio do roteiro.
​​​​​​​Mascotas: Non está permitido levar animais durante o percorrido desta actividade.
​​​​​​​A inscrición na actividade supón a autorización para a realización e difusión de imaxes por parte da organización.

Inscricións:
Ata o mércores 3 de xullo ás 23:59 h.
​​​​​​​     - Preme aquí para acceder ao formulario de inscrición.
​​​​​​​
​​​​​​​Mais ​​​​​Información:
Rianxo: ​​​​​​​Telf.: 981 866 381. Correo-e: deportes@concelloderianxo.gal
​​​​​​​Dodro: Telf.: 689 897 223. Correo-e: deportes@dodro.gal

Descarga: Folleto Goza do Ulla 2024
​​​​​​​Contén información das andainas de Touro, Arzúa, Santiso, Arzúa, Silleda, Catoira, Padrón, Valga, Teo-Vedra, Agolada, Dodro-Rianxo, Pontecesures, Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Vilagarcía, Boqueixón, A Estrada e Vila de Cruces.