Deportes

- Andaina Nocturna 2016 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Andaina Nocturna 2016

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza para o vindeiro venres 22 de xullo unha andaina nocturna que discorrerá polo seguinte percorrido: Roteiro Monte Treito – Pico Muralla – O castro – Campo Maneiro (Taragoña).

A actividade vai dirixida a adultos, podendo participar menores de entre 14 e 18 anos (de 14 a 16 é obrigatorio que vaian acompañados dun adulto). O punto de encontro estará situado na Praza de Castelao, ás 22:00 h., sendo as 22:30 h. o horario previsto para o inicio da actividade.

A andaina partirá do Monte Treito, lugar onde conflúen os catro concellos, e discorrerá cara o pico Muralla, baixando ata Ourille e o Castro, podendo contemplar as vistas da Ría de Arousa, rematando na Área Recreativa de Campo Maneiro (Taragoña) para percorrer aproximadamente 14 kilómetros de nivel medio de dificultade.

A inscrición terá un custe de 3 € (menores de 16 anos gratuíto) e poderá formalizarse nos pavillóns polideportivos e no Servizo de Deportes (deportes@concelloderianxo.gal).

Mais información e inscricións no Servizo de Deportes do Concello de Rianxo (981.86.63.81).

Información xeral

  • Data: 22 de xullo de 2016.
  • Idades: Actividade dirixida a adultos, podendo participar menores de entre 14 e 18 anos (de 14 a 16 é obrigatorio que vaian acompañados dun adulto).
  • Punto de Encontro: Praza de Castelao (Rianxo).
  • Horario agrupamento: 22:00 h. (saída do autobús)
  • Horario comezo andaina: 22:30 h.
  • Duración estimada: 4 horas
  • Dificultade: media
  • Material recomendado:
    • Calzado axeitado
    • Pantalón (en homes e mulleres).
    • Lanterna
    • Roupa de abrigo.
    • Chuvasqueiro, en función do tempo que faga.
  • Observacións:
    • Non se permiten animais de compañía.
    • A auga será proporcionada pola organización.
    • Estaremos acompañados por Protección Civil de Rianxo.