Deportes

- ANDAINA RIANXO EN NEGRO - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

ANDAINA RIANXO EN NEGRO

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo e a Piscina Municipal de Rianxo organizan  a  ANDAINA RIANXO EN NEGRO, dentro dos actos do 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.

A actividade desenvolverase o sábado, 26 de novembro, a partir das 9 h.

Percorrido


​​​​​​​O percorrido está en fase de deseño. Terá arredor de 15 km. e dificultade media, por camiños de Rianxo, Asados e Leiro (pode haber variacións).

Inscricións

As inscricións poderán formalizarse a través do seguinte enlace:

https://app.cluber.es/clubes/9dcfccf72785b4c2dc585a5f24c002f7bb2e3691/pagos/40268e03ad28057a6faaf8123f139f457843bf84

Tamén se poden facer no Servizo de Deportes, nos pavillóns municipais e na Piscina Municipal ata as 14 h. do xoves, 24 de novembro.

INFORMACIÓN XERAL

​​​​​​​A actividade é gratuíta.

Actividade vai dirixida a maiores de 14 anos. Desde os 14 aos 18 anos deberán ir acompañados.

O mínimo de inscricións para iniciar a actividade é de 25.

A reserva da praza farase por orde de inscrición.

Normativa xeral e de seguridadeINFORMACIÓN XERAL

​​​​​​​    • Non se permiten animais de compañía.
    • A data prevista pode sufrir modificacións en función das necesidades organizativas ou por incidencias meteorolóxicas.  
    • Cada usuario/a será o encargado do seu avituallamento tanto no percorrido coma no remate.
    • A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.