Deportes

- Andaina Ríos Vilacoba e San Xusto - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Andaina Ríos Vilacoba e San Xusto

O Servizo de Deportes organiza este sábado unha andaina polos Ríos Vilacoba e San Xusto, en Lousame. Esta actividade, que estaba prevista para o 25 de agosto e fora aprazada por mor do mal tempo, vai dirixida a adultos maiores de 16 anos.

O sendeiro discurre polas fermosas ribeiras destes dous ríos, agás o tramo que os une e que é o mais duro da andaina, que ascende ata o miradoiro do Monte Culou a 504 m. de altitude. Desde este punto podemos ollar a Ría de Muros e Noia.

Información Xeral

Andaina: Sendeiro circular de aproximadamente 15 km.

Dificultade: Media

Dirixido a: Maiores de 16 anos (menores acompañados).

Horario: Saída de Rianxo (parada de autobuses) ás 8:15 h. Volta estimada para as 15 h.

Puntos de interese: Diversos muíños e batáns, papeleiras, pontes antigas, bosques de ribeira, Mosteiro de San Xusto, Pozas...

Información e inscricións: No Servizo de Deportes (981 86 63 81) ou no Pavillón de Rianxo (981 86 61 10) ata o venres, 21 de setembro.

Prezo: 5 €


Agradecemos ao Servizo de Deportes do Concello de Lousame a súa colaboración para a organización desta andaina. Na súa páxina web pódese acadar mais información:

http://www.concellodelousame.com/turismo/sendeirismo/sendei.html