Deportes

- Andaina Santa Compaña 2018 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Andaina Santa Compaña 2018

A Sociedade deportiva Barbantia Roda, coa colaboración do Concello de Rianxo, organizan a Andaina Santa Compaña 2018, que se celebrará o 7 de xullo ás 22:30 horas. Convidámosvos a unha andaina nocturna "espiritual"... na que o ano pasado participaron mais de 400 persoas

  • Punto de encontro: Campo Maneiro.
  • Distancia: 8 km
  • Material: lanterna ou farol.
  • Hora de inicio: 22:30 h.

Información, inscricións e regulamento:

  • A actividade é de balde.
  • As inscricións poderán formalizarse no Servizo de Deportes e nos pavillóns municipais, así como nos  seguintes enderezos de correo electrónico:
    • barbantia.eventos@gmail.com
    • deportes@concelloderianxo.gal
  • A actividade vai dirixida a maiores de 10 anos (nados no 2008).
  • A distancia que se vai percorrer será de 8 km aproximadamente. O percorrido é unha sorpresa.
  • A andaina comezará as 22:30 h e o punto de encontro para a saída será na Área Recreativa de Campo Maneiro (Taragoña).
  • O prazo de inscrición remata o 6 de xullo.
  • Cada persoa será a encargada do seu avituallamento. Ao remate da andaina realizarase o conxuro da queimada.
  • A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.
  • Recoméndase levar roupa e calzado axeitado para a práctica deportiva.
  • Non se permiten animais de compañía.