Deportes

- Andaina: Subida ao Pico Muralla - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2023

Actualidade

Andaina: Subida ao Pico Muralla

O Servizo de Deportes e a Piscina Municipal de Rianxo organizan unha andaina, que se terá lugar o  3 de xullo. O percorrido iniciarémolo na área recreativa da Laxe, ao lado do campo de fútbol da Lomba (Taragoña) e dirixirémonos cara o río Te, onde ao longo da súa senda chegaremos ata o Pozo Bastón. Desde alí subiremos ao Pico Muralla para descender ata Ourille e volver ao punto de inicio.

Punto de encontro: 8:00 h desde a área recreativa da Laxe: Campo de fútbol da Lomba (Taragoña).

Hora saída: 8:15 h.

Distancia: 23 km aprox.

Dificultade: Media-alta.

Maiores de 16 anos. Aqueles/as participantes con idades comprendidas entre os 16 e os 18 anos
poderán ir acompañados/as dun adulto/a.

O prazo de inscrición xa está aberto e haberá límite de prazas, por orde de inscrición

Inscricións en:

Piscina Municipal de Rianxo ou no 981 860 086

Información en:

Servizo de Deportes (deportes@concelloderianxo.gal)

No telefono: 661 247 136