Deportes

- Andainas no mes de agosto - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Andainas no mes de agosto

O Servizo de Deportes organiza para o mes de agosto 3 andainas: a nocturna, que este ano se desenvolverá no entorno do Castro Barbudo, a dirixida á 3ª idade, que nos levará ata O Grove e a de adultos que percorrerá o Río Vilacoba en Lousame.

Inscrición e información no Servizo de Deportes ou nos Pavilóns deportivos municipais.

 

 

Partindo de Campo Maneiro, percorreremos 12 km. polo entorno do Castro Barbudo que nos permitirán disfrutar dunhas inmellorables vistas nocturnas desde o mirador e das sensacións especiais de camiñar pola noite.

Data: 3 de agosto

Dirixido a: maiores de 16 anos (menores acompañados)

Punto de encontro: Campo Maneiro

Hora: 22:30 h.

Distancia: 12 km. aprox.

Dificultade: media - baixa

Prezo: gratuíta

 

 

 

 

 

A andaina discorrerá polas sendas peonís de madeira que van desde o porto deportivo de Pedras Negras ata a zona do Con Negro, camiñando entre cantís e o mar de Arousa, aquí un mouco mais bravo que no interior da ría.

Completaremos a viaxe cunha visita guiada ao Acuario do Grove e, se nos queda tempo, ó Mirador do Monte A Siradella.

Dirixido a: 3ª idade, con preferencia os participantes nas Actividades Deportivas Municipais

Horario: de 8 a a 15 h.

Distancia: 4 km. aprox.

Dificultade: baixa

Prezo: 10 € (inclúe autobús e visita guiada ao Acuario)

Andaina que percorre as fermosas marxes do Río Vilacoba, en Lousame.

Dirixido a: maiores de 16 anos (menores acompañados)

Hora: 8:30 h.

Prezo: 5 €