Deportes

- Apertura do curso de RCP e DESA a toda a poboación - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Apertura do curso de RCP e DESA a toda a poboación

O Servizo de Deportes abre á poboación maior de 18 anos a posibilidade de participar nun curso de Reanimación Cardiopulmonar Básica (RCP) e DESA (Desfibrilador Semiautomtico).

O obxectivo é iniciar aos participantes no manexo dos DESA e no soporte vital básico, como posibles primeiros intervinientes ata a chegada dos servizos de emerxencia.

O número de prazas ofertadas é de 26, e serán 6 para o vindeiro 22 de maio, e as 20 restantes noutra edición con data por determinar. O horario do curso o 22 de maio é de 9:30 a 14.00 h.

As reservas faranse por rigurosa orde de inscrición na oficina do Servizo de Deportes, a través do seu teléfono (661 247 136) ou no correo elec.: deportes@concelloderianxo.gal. A actividade é gratuíta e ao seu remate expedirase un certificado avalado pola Semfyc, o consello español de RCP e homologado polo Consello Europeo de RCP.