Deportes

#EuAdestroNaCasa - APP gratuíta para manterse en forma desde a casa - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

APP gratuíta para manterse en forma desde a casa

#EuAdestroNaCasa

Aquafit, xestora concesional da Piscina Municipal, e o Concello de Rianxo, chegaron a un acordo para poñer ao alcance de toda a veciñanza unha aplicación gratuíta para que poida seguir mantendo a súa actividade física mentres que dure o confinamento.

Coa aplicación accédese a máis de 300 clases virtuais que se poden realizar desde casa e cando se queira.

Desde BeOne, grupo empresarial ao que pertenece Aquafit, explican que non é o momento de volverse sedentario. A actividade física fainos estar máis sans e fortes e é crucial para aliviar a tensión que poida causar o confinamento”.

O Servizo Muncipal de Deportes aboga polo “movemento como vacina imprescindible ante os posibles efectos nocivos para a saúde do confinamento, tanto a nivel físico como mental ou fisiolóxico”.

Por todo isto, o Grupo BeOne e o Concello de Rianxo abriron esta iniciativa a todos os rianxeiros ofrecendo, de xeito libre e gratuíto, a posibilidade de acceso á aplicación de BeOne.

Para acceder á aplicación só hai que rexistrarse na páxina web beone.es/behome para obter as claves de acceso e empezar a gozar dunha vida activa e manterse en forma desde a casa.

Ademais, desde a conta de Instagram oficial de BeOne (beone_fitness_sport) impártense a diario clases en directo e en aberto de todo tipo de disciplinas: pilates, baile, tonificación... Dispoñen tamén de actividades orientadas ás familias e a persoas maiores.

#XuntosConseguirémolo #EuAdestroNaCasa #TodoIráBen #JuntosLoConseguiremos #YoEntrenoEnCasa #TodoIráBien