Deportes

- Bolsas para deportistas da Deputación da Coruña - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Bolsas para deportistas da Deputación da Coruña

A Deputación Provincial da Coruña, no seu labor de promoción e difusión do deporte, convoca unha serie de bolsas para axudar aos deportistas a progresar naqueles deportes que teñan un carácter individual e pertenzan a algunha das disciplinas olímpicas.

Establécense tres grupos:

  • Grupo A, 12-17 anos: deportistas nados/as a partir do 1 de xaneiro de 2001 ( incluído) que non teñan o recoñecemento pola Secretaría Xeral para o Deporte como Deportistas Galegos/as de Alto Nivel (DGAN) no ano 2017.
    Concederanse 15 bolsas de 3.000 € cada unha delas.
  • Grupo B, 18-23 anos: deportistas nados/as a partir do 1 de xaneiro de 1995 ( incluído) que non teñan o recoñecemento pola Secretaría Xeral para o Deporte como Deportistas Galegos/as de Alto Nivel (DGAN) no ano 2017.
    Concederanse 15 bolsas de 3.000 € cada unha delas.
  • Grupo C: deportistas con recoñecemento, pola Secretaría Xeral para o Deporte como Deportistas Galegos/as de Alto Nivel (DGAN) nos anos 2015, 2016 ou 2017, e/ou deportistas con participación nos últimos Xogos Olímpicos/Paralímpicos de Río 2016.
    Concederanse 15 bolsas de 4.000 € cada unha delas.

O prazo para solicitar estas axudas remata o 20 de xuño de 2018 ás 14:00 horas.

Máis información no Servizo de Deportes.