Deportes

Deputación da Coruña - Campamentos de Verán 2024 - Deputación da Coruña - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Campamentos de Verán 2024 - Deputación da Coruña

Deputación da Coruña

NOTA INFORMATIVA: Información editada o 10 de maio ás 14:15 h., por erro no contido e na documentación preparada para descarga.

A Deputación da Coruña, dentro da súa programación deportiva para o ano 2024, pon en marcha un ano máis os campamentos deportivos de verán, que se desenvolverán no IES Rosalía Mera (A Coruña).

Dirixido a
Nenos/as empadroados/as nun concello da provincia da Coruña e nados entre o 1 de xaneiro do 2010 e o 31 de decembro de 2015.

Prazas
Ao Concello de RIANXO correspóndenlle 6 prazas na 1ª quenda, que transcorre do 23 de xuño ao 28 de xuño.

Prazos

  • Inscrición: Entre os días 2 de maio e o 28 de maio será o prazo para facer as inscricións dos nenos/as. As inscricións faranse no Servizo de Deportes ou no rexistro do concello
  • Sorteo: Data a determinar, entre o 29 e o 31 de maio. A Deputación establece a obrigatoriedade, no suposto de ter máis solicitudes que números de prazas concedidas, de realizar un sorteo público diante da secretaria do concello para adxudicalas

Terán prioridade os nenos e nenas que nunca asistiran a campañas de verán. Farase unha listaxe de reserva para adxudicar posibles prazas adicionais.

Cota de inscrición
​​​​​​​Cada participante aboará unha cota de inscrición de 85,00€ (oitenta e cinco euros).

Documentación de solicitude

  1. Tríptico informativo con ficha de inscrición.
  2. Fotocopia do DNI ou libro de familia.

  3. Fotocopia da tarxeta sanitaria.

  4. No caso de tratamento ou doenza a ter en conta, certificado médico asinado por facultativo/a.

Outra información

  1. ​​​​​​​Ligazón á páxina da Deputación da Coruña.​​​​​​​