Deportes

- CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2017 - DEPUTACIÓN DA CORUÑA - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2017 - DEPUTACIÓN DA CORUÑA

INFO: Rematado o prazo de inscrición formalizaronse 8 solicitudes.
O sorteo para adxudicar as 5 prazas farase o 20 de xuño ás 13 h no Salón de Plenos do Concello.

A Deputación da Coruña adxudicou 5 prazas ao Concello de Rianxo para participar nos seus Campamentos Deportivos 2017.

Van dirixidos a nenos e nenas entre 9 e 14 anos (nados entre o 2008 e o 2003). O prazo de inscrición remata o 16 de xuño e celebraranse do 26 de agosto ao 1 de setembro en Culleredo.

INFORMACIÓN XERAL

  • LUGAR: Centro Residencial Docente da Coruña (Concello de Culleredo).

  • ALOXAMENTO: Centro Residencial Docente da Coruña (rúa Salvador Allende, 13).

  • DURACIÓN: desde o sábado (chegada para cear) ata o venres seguinte (saída tralo almorzo).

  • QUENDA DE RIANXO: do 26 de agosto ao 1 de setembro.

INCORPORACIÓN:
O sábado pola tarde, entre as 18 h e as 19 h no Centro Residencial Docente da Coruña (rúa Salvador Allende, 13. Concello de Culleredo).

REGRESO:
O venres seguinte, despois da xornada de clausura.

DESTINATARIAS:
Rapazada de 9 a 14 anos, ámbalas dúas idades comprendidas, cumpridas no presente ano 2017.

COTA DE INSCRICIÓN:
85,00 € (oitenta e cinco euros), que se ingresarán, unha vez que a persoa interesada obteña praza, na conta determinada pola Deputación da Coruña, facendo constar “Campamento Deportivo Deputación da Coruña 2017”, ademais do nome da participante inscrita e concello ó que pertence.

O número de conta será publicado na web da Deputación da Coruña.

INCLÚE:
Transporte interno, estadía, manutención en residencia e todo gasto que ocasionen as actividades programadas.

EQUIPO RECOMENDADO:

  •     Roupa de rúa (pantalóns, camisas).

  •     Equipamento deportivo (suadoiro, pantalóns curtos, camisetas deportivas, calcetíns, zapatillas de   
        deportes, chanclas para a ducha, traxe de baño, útiles de praia e piscina).

  •     Toallas de aseo.

  •     Útiles de aseo (xabón, peite, cepillo e pasta de dentes, colonia e/ou desodorizante).

  •     Saco de durmir e lanterna.

  •     Gafas para o sol.

  •     Crema protectora para o sol, factor alto.

  •     Chuvasqueiro.

  •     Mochila pequena.

MATERIAL:
O material propio das actividades deportivas (raquetas de tenis, balóns e chalecos salvavidas) entregaráselle a cada participante durante a celebración do campamento.

INSCRICIÓNS:
No teu concello, antes do 17 de xuño de 2017 (realizarase o sorteo no caso de ser preciso, nos dous días seguintes á finalización do prazo de inscrición).

AMPLO PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
Actividades náuticas, equitación, tenis, sendeirismo, así como a práctica doutras actividades
culturais e deportivas.

VELADAS NOCTURNAS:
Realizaranse actividades e xogos que teñan elementos que fomenten a comunicación, o intercambio
de experiencias, a convivencia e o respecto polos demais.

ACTIVIDADES CULTURAIS:
Visita a centros de interese cultural na comarca e na cidade da Coruña.

Tríptico Informativo