Deportes

Deputación da Coruña - Campaña da Neve 2024 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Campaña da Neve 2024

Deputación da Coruña

INFORMACIÓN ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS (8)

​​​​​​​O 1 de decembro rematou o prazo de inscrición para participar na CAMPAÑA DA NEVE 2024 promovida pola Deputación da Coruña.

Recibíronse 15 solicitudes de participación, sendo necesario, tal e como establece a a Deputación nas condicións de participación, facer un sorteo público das prazas adxudicadas a Rianxo (8). Neste sorteo, tamén por indicación da Deputación, tiñan preferencia os solicitantes que non participaran noutras edicións.

O sorteo celebrouse o luns, 11 de decembro, ás 13:30 h. no Salón de Plenos do Concello, dando fe pública a secretaria do Concello. Ademais de adxudicar as prazas, xerouse unha listaxe de reserva, en previsión de posibles renuncias ou asignacións de novas prazas a Rianxo.

Os rapaces e rapazas de Rianxo participarán na campaña na cuarta quenda, do 2 ao 5 de febreiro.

Saúdos!