Deportes

- Campaña de Esquí 2014 da Deputación da Coruña - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Campaña de Esquí 2014 da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña pon en marcha a Campaña de Esquí 2014  para que rapaces da provincia poidan disfrutar dun fin de semana na neve, na Estación Invernal de San Isidro (León). A actividade vai dirixida a nenos e nenas nados nos anos 2000, 2001, 2002 e 2003. A Rianxo fóronlle adxudicadas 5 prazas (no caso de haber mais solicitudes que prazas farase un sorteo público) na quinta quenda, que será do 21 ao 23 de marzo.

O custe da actividade é de 36 €, e inclúe o transporte desde os puntos de recollida en cabeceiras de comarca, aloxamento en albergues, manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e actividades varias. A entrada dos rapaces na estación será o venres pola noite antes da cea e a saída o domingo despois de xantar.

Información e inscricións ata o martes, 28 de xaneiro na oficina do Servizo de Deportes.

AVISO IMPORTANTE: O prazo remata ás 14 h. do 28 de xaneiro, horario no que pecha o Rexistro Municipal. De ser necesario o sorteo, este terá lugar o 29 de xaneiro, mércores, ás 11 h. no Salón de Plenos do Concello.

Documentación a entregar:

  • Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titores do solicitante.
  • Unha foto tipo carné.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Carné de identidade ou fotocopia do libro de familia
  • Copia de aboamento da cota de inscrición. (Posterior á confirmación da praza por parte do concello).
  • No suposto caso de que o neno/a tivera que ter un tratamento especifico ou doenza que haxa que ter en conta , xustificante médico asinado polo facultativo pertinente.
    IMPORTANTE. Facer constar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo.

Pódense consultar os requisitos e documentación necesaria (e descargar a ficha de inscrición) na páxina da Deputación da Coruña.