Deportes

- Campaña de inverno 2019 da Deputación da Coruña - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Campaña de inverno 2019 da Deputación da Coruña

A Área de Deportes da Deputación da Coruña organiza, entre o 25 de xaneiro e o 25 de febreiro de 2019, diversas viaxes á estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense) para fomentar a práctica do esquí entre as nenas e os nenos entre os 11 e os 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2019) de idade dos municipios coruñeses

Ao Concello de Rianxo fóronlle adxudicadas 8 prazas e os nenos/as rianxeiros/as  participarán na 5ª quenda, do 22/02/19 ao 25/02/19.

A inscrición pode formalizarse no Servizo de Deportes ata o 10 de xaneiro.

Tríptico informativo

Nesta nova edición participarán un total de 500 rapazas e rapeces que, como é habitual, estarán repartidos en cinco quendas de catro días de duración cada unha.

Con esta nova edición da campaña, a institución provincial que preside Valentín González Formoso pretende que a rapazada da provincia teña a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí, ao mesmo tempo que participa en diversas actividades deportivas e culturais que se organizarán de xeito complementario.

As viaxes terán un custe de 85 euros e inclúen transporte, estadía de tres días en Cabeza de Manzaneda, clases de esquí, monitoraxe, seguro, alugueiro de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.