Deportes

- Campaña de inverno 2020 da Deputación da Coruña - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Campaña de inverno 2020 da Deputación da Coruña

A Área de Deportes da Deputación da Coruña organiza, entre o 24 de xaneiro e o 24 de febreiro de 2020, diversas viaxes á estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense) para fomentar a práctica do esquí entre as nenas e os nenos de entre 11 a 15 anos de idade (cumpridos a 31 de decembro de 2020) dos municipios coruñeses

Ao Concello de Rianxo fóronlle adxudicadas 8 prazas e os nenos/as rianxeiros/as participarán na 1ª quenda, do 24/01/20 ao 27/01/20.

A inscrición pode formalizarse no Servizo de Deportes desde o 12 de novembro ao 4 de decembro.

Tríptico informativo

Nesta nova edición participarán rapazas e rapaces de toda a provincia que, como é habitual, estarán repartidos en cinco quendas de catro días de duración cada unha.

Con esta nova edición da campaña, a institución provincial que preside Valentín González Formoso pretende que a rapazada da provincia teña a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí, ao mesmo tempo que participa en diversas actividades deportivas e culturais que se organizarán de xeito complementario.

As viaxes terán un custo de 85 euros e inclúen transporte, estadía de tres días en Cabeza de Manzaneda, clases de esquí, monitorado, seguro, alugueiro de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.