Deportes

Do 21 ao24 de xaneiro de 2022 na estación VALGRANDE-PAJARES (ASTURIAS). - Campaña de neve Deputación 2022. - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Campaña de neve Deputación 2022.

Do 21 ao24 de xaneiro de 2022 na estación VALGRANDE-PAJARES (ASTURIAS).

A Deputación da Coruña organiza a Campaña de Neve 2022 na que ao Concello de Rianxo correspondéronlle 7 prazas na segunda quenda, do 21 ao 24 de xaneiro.

A estancia e manutención será en aloxamentos situados a pé de pista, na estación VALGRANDE-PAJARES (ASTURIAS).

PRAZO DE INSCRICIÓN: do 30 de novembro ata o 14 de decembro de 2021,  no servizo de deportes do Concello.

DESTINATARIOS: Nenos e nenas empadroados nun concello da provincia da Coruña, de 12 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2021. Terán preferencia os/as nenos/as que non foran a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación.

​​​​​​​SORTEO: no suposto de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas pola Deputación, realizarase un sorteo público diante da secretaria do Concello para adxudicalas.

COTA DE INSCRICIÓN: 85 € (oitenta e cinco euros). Será ingresada na conta bancaria que se publicará na páxina web da Deputación da Coruña, facendo constar o nome do/a neno/a, Concello e "Campaña de neve 2022". Pagarase unha vez confirmada a praza.

INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR CANDA A SOLICITUDE:
​​​​​​​1. Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polo pai e a nai, ou de ser o caso, polo titor.
2. Fotocopia da tarxeta sanitaria.
3. Fotocopia do carné de identidade ou libro de familia.
4. Copia do aboamento da cota de inscrición (cando a praza estea confirmada e no número de conta dado pola Deputación e publicado na súa web).
6. No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teñan que ser tidos en conta, axuntarase certificado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito, no caso de medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo.

DESCARGAS