Deportes

- Campaña de Vela 2019 - Deputación da Coruña - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Campaña de Vela 2019 - Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña organiza a CAMPAÑA DE VELA 2019, dirixida a rapaces e rapazas de 9 a 18 anos cumpridos durante o 2019 e empadroados nun concello da provincia da Coruña.

Na nosa comarca, as actividades serán en BOIRO, do 1 ao 5 de xullo. Os interesados poderán facer  a súa inscrición en Boiro (981 84 84 25 - deportes@boiro.org) do 03/06/2019 ao 19/06/2019.

Tríptico informativo

INFORMACIÓN XERAL

  • Lugar: zona marítima a definir polo Concello.
  • Duración: unha semana,  luns a venres.
  • Grupos:
    • Grupo A: de 10 a 14 h.
    • Grupo B: de 16 a 20 h.
  • A incorporación e regreso desde as instalacións de celebración dos cursos correrá a cargo dos participantes.

DESTINATARIOS

Rapaces/as empadroados na provincia, de 9 a 18 anos, ambas idades incluídas e cumpridas no 2019. É imprescindible que saiban nadar.

COTA DE INSCRICIÓN

25 €

INDUMENTARIA

Os nenos/as deberán traer zapatillas deportivas, roupa cómoda e unha prenda de abrigo, mellor se é impermeable. Aconséllase que traian unha mochila con roupa para cambiarse ó rematar a actividade.
A organización facilitará chaleco salvavidas para todos os participantes.

PROGRAMA

A Campaña de Vela 2019 terá os seguintes contidos:

  • Iniciación aos conceptos teóricos da navegación a vela.
  • Iniciación ao coñecemento básico dos nós mariños.
  • Realización práctica de navegación a vela.

INSCRICIÓN E DATOS XERAIS

Inscrición: nos concellos participantes.

Departamento de Deportes do Concello de Boiro:

  • 981 84 84 25
  • deportes@boiro.org

Documentación:

  1. Ficha de inscrición.
  2. Certificado de empadroamento.
  3. Fotocopia DNI ou libro de familia
  4. Copia de aboamento da cota de inscrición (posterior á confirmación de praza por parte do Concello).
  5. No suposto de ter tratamento específico ou doenza a ter en conta, xustificante médico.