Deportes

- Campaña de Vela 2022 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Campaña de Vela 2022

Rianxo foi un dos concellos elixidos para ser sede da Campaña de Vela  2022 organizada pola Deputación da Coruña. O curso de Vela desenvolverase do 22 ao 26 de agosto e vai dirixido a rapaces e rapazas empadroados/as nun concello da provincia da Coruña, nados entre o 1 de xaneiro de 2004 e o 31 de decembro de 2013 ambos inclusive, se ben terán prioridade os nenos e nenas empadroados no noso Concello, tendo reservadas 7 prazas en cada quenda (mañá ou tarde).

Inscricións:

O pazo de inscrición está aberto e o prazo remata o 4 de agosto.

No Servizo de Deportes do Concello de Rianxo facilitarase a información e axudarase a cumprimentar a ficha,  podendo entregarse na oficina ou mandala por correo electrónico. No caso de existir moitas solicitudes, realizarase un sorteo e o concello elaborará unha listaxe de reserva.

Documentación para formaliza-la inscrición:

Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor do solicitante. Podes descargala pinchando aquí.

Autorización do pai/nai/titor. É importante que esté asinada polos dous (pai e nai). Podes descargala pinchando aquí.

Fotocopia do DNI, ou do libro de familia.

Copia de aboamento da cota de inscrición (logo de confirmada a praza por parte do concello).

No caso de tratamento médico ou doenza entregarase xustificante médico asinado polo facultativo pertinente.

Certificado de empadroamento ou volante.

Prazas:

32 en total. 14 para empadroados no Concello de Rianxo.

16 na quenda de mañá. 7 para empadroados no concello
16 na quenda de tarde. 7 para empadroados no concello

Calendario e horarios:

Rianxo é a 6ª quenda, do 22 ao 26 de agosto.

Horario de mañá - Grupo A: 10 a 14 h.
Horario de tarde - Grupo B: 16 a 20 h.

A incorporación e regreso dende as instalacións de celebración dos cursos correrá a cargo dos participantes.

Información:

Servizo Municipal de Deportes: deportes@concelloderianxo.gal   Telef: ​​​​​​​661 247 136 - 981 86 63 81

Gabinete de Deportes da Deputación da Coruña: 981 06 06 44 (gabintete.deportes@dacoruna.gal)

Cota de inscrición
25 €, que se ingresarán na conta que determinará a Deputación da Coruña, facendo constar: “CAMPAÑA DE VELA 2022”, xunto co nome do participante.
A Deputación da Coruña informará puntualmente do número de conta a través da páxina web www.dicoruna.es/deportes.

Indumentaria
Os nenos/as deberán traer zapatillas deportivas, roupa cómoda e unha prenda de abrigo, mellor se é impermeable.
Aconséllase que traian unha mochila con roupa para cambiarse ó finalizar a actividade.
A organización facilitará chaleco salvavidas para todos os participantes.

Actividades
No programa “CAMPAÑA DE VELA 2022” participarás en moitas actividades relacionadas coa navegación, entre as que podemos destacar:

Iniciación ós conceptos teóricos da navegación a vela.

Iniciación ó coñecemento básico dos nós mariños.

Realización práctica de navegación a vela.