Deportes

- Campaña de Vela e Windsurf 2021      - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Campaña de Vela e Windsurf 2021     

INFORMACIÓN IMPORTANTE

A Deputación da Coruña suspendeu a Campaña de Vela 2021
, de iniciación á vela lixeira e ao windsurf que estaba previsto realizar no concello de Rianxo do 9 ao 13 de agosto.
​​​​​​​
Esta situación ven provocada polo feito de que "quedaron desertas as dúas licitacións convocadas pola Deputación para contratar a realización destes cursos xa que, co obxectivo de incrementar as medidas de seguridade, neste ano solicitábase un maior número de monitores titulados e persoal auxiliar."

Rianxo foi un dos concellos elixidos para ser sede da Campaña de Vela e Windsurf 2021 organizada pola Deputación da Coruña. O curso de Vela desenvolverase do 9 ao 13 de agosto e vai dirixido a rapaces e rapazas empadroados/as nun concello da provincia da Coruña, nados entre o 1 de xaneiro de 2003 e o 31 de decembro de 2012 ambos inclusive, se ben terán prioridade os nenos e nenas empadroados no noso Concello, tendo reservadas 8 prazas en curso.

Inscricións:

O pazo de inscrición está aberto e o prazo remata o 23 de xullo.

No Servizo de Deportes do Concello de Rianxo facilitarase a información e axudarase a cumprimentar a ficha,  podendo entregarse na oficina ou mandala por correo electrónico. No caso de existir moitas solicitudes, realizarase un sorteo e o concello elaborará unha listaxe de reserva.

Documentación para formaliza-la inscrición:

  • Ficha de inscrición debidamente cuberta, con foto e asinada polos pais ou titor do solicitante. Podes descargala pinchando aquí.
  • Autorización do pai/nai/titor. Podes descargala pinchando aquí.
  • Fotocopia do DNI, ou do libro de familia.
  • Copia de aboamento da cota de inscrición (logo de confirmada a praza por parte do concello).
  • No caso de tratamento médico ou doenza entregarase xustificante médico asinado polo facultativo pertinente.
  • Certificado de empadroamento ou volante.

Prazas:

40 en total. 16 para empadroados no Concello de Rianxo.

20 na quenda de mañá. 8 para empadroados no concello
20 na quenda de tarde. 8 para empadroados no concello

 

Calendario e horarios:

Rianxo é a 6ª quenda, do 9 ao 13 de agosto.

Horario de mañá - Grupo A: 10 a 14 h.
Horario de tarde - Grupo B: 16 a 20 h.

A incorporación e regreso dende as instalacións de celebración dos cursos correrá a cargo dos participantes.

Información:

Servizo Municipal de Deportes: deportes@concelloderianxo.gal   Telef: ​​​​​​​661 247 136 - 981 86 63 81

Gabinete de Deportes da Deputación da Coruña: 981 06 06 44 (gabintete.deportes@dacoruna.gal)

Cota de inscrición
25 €, que se ingresarán na conta que determinará a Deputación da Coruña, facendo constar: “CAMPAÑA DE VELA E WINDSURF 2021”, xunto co nome do participante.
A Deputación da Coruña informará puntualmente do número de conta a través da páxina web www.dicoruna.es/deportes.

Indumentaria
Os nenos/as deberán traer zapatillas deportivas, roupa cómoda e unha prenda de abrigo, mellor se é impermeable.
Aconséllase que traian unha mochila con roupa para cambiarse ó finalizar a actividade.
A organización facilitará chaleco salvavidas para todos os participantes.

Actividades
No programa “CAMPAÑA DE VELA E WINDSURF 2021” participarás en moitas actividades relacionadas coa navegación, entre as que podemos destacar:

Iniciación ós conceptos teóricos da navegación a vela.

Iniciación ó coñecemento básico dos nós mariños.

Realización práctica de navegación a vela.