Deportes

- Campaña de Esquí 2015 da Deputación da Coruña - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Campaña de Esquí 2015 da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña pon en marcha a Campaña de Esquí 2015  para que rapaces da provincia poidan disfrutar dunha fin de semana na neve, na Estación Invernal de Manzaneda (A Pobra de Trives - Ourense). A actividade vai dirixida a nenos e nenas nados nos anos 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005. A Rianxo fóronlle adxudicadas 6 prazas (no caso de haber mais solicitudes que prazas farase un sorteo público) na quinta quenda, que será do 27 de febreiro ao 1 de marzo.

O custe da actividade é de 60 €, e inclúe o transporte desde os puntos de recollida, estadía e manutención na Estación Invernal de Manzaneda, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material inclúido o casco, remontes mecánicos e actividades varias. A entrada dos rapaces na estación será o venres pola noite antes da cea e a saída o domingo despois de xantar.

Información e inscricións ata o venre, 19 de decembro na oficina do Servizo de Deportes ou no Pavillón de Rianxo.

AVISO IMPORTANTE: O prazo remata ás 14 h. do venres 19 de decembro, horario no que pecha o Rexistro Municipal. No caso ser necesario sorteo, este faríase o día 22 de decembro, ás 12:30 h., no Salón de Plenos do Concello.

Documentación a entregar:

  • Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titores do solicitante.
  • Unha foto tipo carné.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Carné de identidade ou fotocopia do libro de familia
  • Copia de aboamento da cota de inscrición. (Posterior á confirmación da praza por parte do concello).
  • No suposto caso de que o neno/a tivera que ter un tratamento especifico ou doenza que haxa que ter en conta , xustificante médico asinado polo facultativo pertinente.
  • IMPORTANTE. Facer constar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo.

Tríptico Informativo

Ficha de Inscrición