Deportes

Do 27 ao 30 de xaneiro de 2023 na Estación de esquí VALGRANDE-PAJARES (ASTURIAS) - Campaña Neve Deputación 2023 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Campaña Neve Deputación 2023

Do 27 ao 30 de xaneiro de 2023 na Estación de esquí VALGRANDE-PAJARES (ASTURIAS)

A Deputación da Coruña organiza a Campaña de Neve 2023 na que ao Concello de Rianxo correspondéronlle 7 prazas na terceira quenda, do 27 ao 30 de xaneiro.

A estancia e manutención será en aloxamentos situados a pé de pista, na estación VALGRANDE-PAJARES (ASTURIAS).

PRAZO DE INSCRICIÓN:  ata o 16 de decembro de 2022,  no servizo de deportes do Concello.

DESTINATARIOS: Nenos e nenas empadroados nun concello da provincia da Coruña, de 11 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2022. Terán preferencia os/as nenos/as que non foran a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación.

​​​​​​​SORTEO: no suposto de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas pola Deputación, realizarase un sorteo público diante da secretaria do Concello para adxudicalas.

COTA DE INSCRICIÓN: 85 € (oitenta e cinco euros). Será ingresada na conta bancaria que se publicará na páxina web da Deputación da Coruña, facendo constar o nome do/a neno/a, Concello e "Campaña Neve 2023 - Deputación da Coruña". Pagarase unha vez confirmada a praza.

INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR CANDA A SOLICITUDE:
​​​​​​​1. Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polo pai e a nai, ou de ser o caso, polo titor.
2. Fotocopia da tarxeta sanitaria.
3. Fotocopia do carné de identidade ou libro de familia.
4. Copia do aboamento da cota de inscrición (cando a praza estea confirmada e no número de conta dado pola Deputación e publicado na súa web).
6. No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teñan que ser tidos en conta, axuntarase certificado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito, no caso de medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo.

DESCARGAS

​​​​​​​Tríptico informativo con ficha de inscrición