Deportes

- Campionato Galego Voleibol - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Campionato Galego Voleibol

A Primeira División Senior Autonómica chega este fin de semana ao seu desenlace. Os mellores conxuntos galegos da tempada pelexarán o 22 de abril na Fase Final da categoría. O play off masculino será o sábado en Rianxo, segundo o seguinte programa:

  •     Semifinal 1, ás 10 h.: Asesores Vila Castro - Calasancias Coruña
  •     Semifinal 2, ás 12 h.: Mexillón de Ouro Voleibol Rianxo - Jealsa Boiro Voleibol
  •     Terceiro e cuarto posto: 17 h.
  •     FINAL: 19 h.

A organización corre por conta do Club Voleibol Rianxo e a Federación Galega de Voleibol, coa colaboración do Servizo Municipal de Deportes.

O torneo masculino arrincará ás 10.00 horas da mañá do sábado no Pavillón Municipal de Rianxo coa primeira semifinal entre Asesores Vilacastro e Calasancias Coruña. Os ourensáns finalizaron en segunda posición a liga regular, e os coruñeses foron terceiros a tan só dous puntos dos seus rivais. Ademáis durante a campaña os dous partidos que disputaron foron para o Asesores Vilacastro pero con parciais moi apertados de 3-2 e 3-1, polo que a emoción está garantida neste encontro de apertura.

Posteriormente chegará o momento do anfitrión, o Mexillón de Ouro Voleibol Rianxo, que buscará tirar do factor cancha para superar ao favorito e gran dominador da liga regular, o Jealsa Boiro Voleibol, que rematou con sete vitorias e unha única derrota.

Pola tarde, ás 17.00 horas terá lugar o choque polo terceiro e cuarto posto e ás 19.00 horas comezará a final que decidirá quen levantará o trofeo autonómico na entrega de premios das 21.00 horas que pechará a competición.