Deportes

- Campus de Rugby e Multideporte - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Campus de Rugby e Multideporte

A Federación Galega de Rugby vai organizar un CAMPUS DE RUGBY E MULTIDEPORTE do 15 ao 25 de agosto en Rianxo (Pazo de Rianxiño), dirixido a nenos e nenas de 7 a 16 anos. Os obxectivos principais sonpromocionar o rugby en Rianxo e no Barbanza, así como iniciar ao rapaces/as rianxeiros nesta modalidade, na que ademais de practicar deporte se lle da unha grande importancia aos valores como o compañerismo, honestidade, disciplina, lealdade, sacrificio e altruismo. O Campus completará o seu programa con outras actividades deportivas, recreativas e culturais.

Existen diversas modalidades de participación no Campamento:

  1. Mañás, de 9 a 13:30 h. (70 €)
  2. Tardes, de 16 a 20 h. (70 €)
  3. Mañá + Tarde, de 9 a 13:30 h. e de 16 a 20 h. (240 €)
  4. Día completo + noite (385 €)

Colabora o Servizo de Deportes do Concello de Rianxo.

Información e Inscrición

A data límite de inscrición é o venres, 14 de agosto ás 10 h. 

647.013.682 - 686.355.188