Deportes

- Carreira e Andaina Nocturna Solidaria "Castelo da Lúa" - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Carreira e Andaina Nocturna Solidaria "Castelo da Lúa"

O Concello de Rianxo, Barbantia Roda e o Club Atletismo Rianxo organizan a Carreira-Andaina Nocturna Solidaria “Castelo da Lúa”, que terá lugar o 20 de Agosto do 2016 a partir das 21:30 h. na Praza de Castelao.

Tanto a Carreira coma a Andaina Nocturna teñen un carácter popular, na que calquera persoa poida participar, pois os percorridos teñen un perfil e unha distancia accesibles a calquera estado de forma física. Así, pretendemos que sexa unha grande festa deportiva para os veciñ@s, turistas e afeccinoad@s ao deporte.

Nesta primeira edición, a proba organizase a beneficio de SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí), que desenvolve día a día un grande traballo de solidariedade, sendo  destinado a tal fin o 100%  do recadado. Necesitamos do voso apoio e participación para que poidan seguir coa súa labor.

Pódese colaborar participando na Andaina, na Carreira ou a través do Dorsal 0, facendo unha doazón polo importe desexado.

Información xeral

Aquí pódese atopar a información principal da proba. Para ampliala acudir ao regulamento completo da proba ou ao Servizo Municipal de Deportes.

Regulamento da Proba

Inscricións e prezo

Carreira
Inscrición en liña, ata o xoves 18 de agosto de 2016  ás 24:00 h. Non se aceptarán inscricións fora de prazo ou con datos incompletos.

5 € nas categorías xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteráns.
Gratuíto para as categorías de xoubas a cadete.

Andaina
Inscrición en  liña, ata o xoves 18 de agosto de 2016 ás 24:00 h.
Presencial:  na Praza Castelao ata 15 minutos antes do inicio da proba.

É obrigatorio inscribirse e retirar o dorsal para a andaina, agás os nenos/as que xa participaran na carreira que utilizarán o dorsal da mesma.

3 € nados no 1999 e anteriores (inclúe o dorsal do adulto e os dorsais precisos para os menores acompañantes que non participaran na carreira).
Gratuíto para os nados no 2000 e posteriores (acompañados dun adulto con dorsal).

Dorsal 0 (Solidario): Doazón da cantidade desexada a través da pasarela de pago ata o 18 de agosto de 2016 ás 24:00 h. Ou na Praza Castelao ata 15 minutos antes do inicio da proba. Non da dereito a dorsal.

Límite prazas:

  • 500 inscritos na  categoría absoluta da carreira (xuvenís e posteriores).
  • A andaina non ten límite de prazas.

Categorías

Carreira

  • Xoubas 2011-2012-2013 . 3 saídas, agrupados por ano de nacemento.

  • Sardiñas 2009-2010.

  • Benxamín 2007-2008.

  • Alevín 2005-2006.

  • Infantil 2003-2004.

  • Cadete 2001-2002.

  • Xuvenil 1999-2000.

  • Júnior 1997-1998.

  • Promesa 1994-1995-1996.

  • Sénior 1982-1993.

  • Veteranos 1 1977-1981.

  • Veteranos 2 1967-1976.

  • Veteranos 3 1957- 1966.

  • Veteranos 4 1956 e anteriores.

Andaina: Todas as idades nunha única saída.

 

Distancias e horarios

Categoría

Distancia

Horario

Percorrido

Nº voltas

Xoubas

100 m.

21:30 h.

Amarelo – 100 m.

1

Sardiñas

750 m.

21:45 h

Verde – 750 m.

1

Benxamín

750 m.

21:55 h

Verde – 750 m.

1

Alevín

1.500 m.

22:05 h.

Verde – 750 m.

2

Infantil:

1.500 m.

22:15 h.

Verde – 750 m.

2

Cadete:

6.500 m.

22:30 h.

Vermello

1

Xuvenil/Júnior/
Promesa/Sénior e Veteranos

6.500 m.

22:30 h.

Vermello

1