Deportes

- Choposport no Rally Solidario do Atlas (Marrocos) - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Choposport no Rally Solidario do Atlas (Marrocos)

O equipo de Taragoña, Choposport Racing Team, participará a partir do vindeiro venres día 11 de abril no Rally  Clásicos do Átlas (Marrocos). Esta entidade é pioneira no Barbanza en participación neste tipo de aventuras, que combina elementos de competición, deportivos e culturais cun fin solidario, o de entregar material de axuda humanitaria nos territorios polo que discorre a proba.

O Rally do Atlas disputarase en sete etapas entre o 12 e o 19 de abril, percorrendo mais de 2.000 km. entre Algeciras e Meknes (Marrocos).  Os equipos constan de dúas persoas cun coche que debe ter mais de 20 anos de antigüidade. Neste caso, Alberto Baamonde e Susana Otero irán aos mandos dun Peugeot 205 matriculado en 1991, deixando material escolar, medicamentos, roupa, etc nas aldeas máis inóspitas e olvidadas deste país, cedidos pola  ONG Sport Solidari Internacional. Noutras edicións entregaronse mais de 2.500 kg. de roupa, calzado, material educativo, sanitario...