Deportes

- CLINIC NADAL 2017 FUNDACIÓN ATLÉTICO MADRID GALICIA - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

CLINIC NADAL 2017 FUNDACIÓN ATLÉTICO MADRID GALICIA

A Fundación Atlético de  Madrid Galicia, coa colaboración do Concello de Porto do Son, organiza un Clinic de Nadal nas instalacións deportivas Emilio García (Porto do Son). A actividade vai dirixida a nenos e nenas de 5 a 16 anos e desenvolverase do 26 ao 29 de decembro de 10 a 14 h.

Para os participantes de Rianxo existe a posibilidade, en función da inscrición, de dispoñer de autobús gratuíto para o desprazamento ata Porto do Son.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

  • campusgalicia@gmail.com
  • Telef: 656 487 890 - Marcos Heleno
  • O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo colabora na difusión e dispón de folletos e follas de inscrición na oficina do Cuartel Vello.
    A información sobre prezos e descontos correrá a cargo da Organización do Clinic.

A inscrición inclúe:

  • Indumentaria oficial do Campus
  • Sesións de adestramento
  • Adestramento específico porteiros
  • Competicións individuais e colectivas
  • Novas tecnoloxías
  • Merenda a media mañá
  • Valoración técnica
  • Foto agasallo
  • Diploma acreditativo