Deportes

Curso de iniciación á vela para nenos e nenas de 6 a 16 anos (nados do 2010 ao 2020), do 3 ao 7 de agosto. - CURSO DE VELA - RIANXO 2026 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2025

Actualidade

CURSO DE VELA - RIANXO 2026

Curso de iniciación á vela para nenos e nenas de 6 a 16 anos (nados do 2010 ao 2020), do 3 ao 7 de agosto.

Rematou o prazo de presentación de solicitudes. (ao non cubrise as prazas, admítense novas solicitudes de participación, que se adxudicarán de xeito directo, por orde de presentación, ata completar cada un dos grupos ata un máximo de 20 participantes por grupo. As novas solicitudes presentaranse e xestionaranse no Club Náutico de Rianxo.​​​​​​​​​​​

A Real Federación Galega de Vela, o Club Náutico de Rianxo e o Concello de Rianxo organizan un curso de iniciación á vela lixeira, a celebrar do 3 ao 7 de agosto en Rianxo. O obxectivos principais son achegar o mundo da vela ao alumno/a, que se divirtan navegando e dominar os aspectos da básicos da navegación.

Información xeral
    • Lugar: Instalacións do Club Náutico e porto de Rianxo.
    • Calendario: do 3 ao 7 de agosto (luns a venres).
    • Grupos e horarios:
        ◦ Quenda de mañá de 10 a 14 h.
        ◦ Quenda de tarde: 16 a 20 h.
    • Embarcacións: 6 Optimist, 2 Topaz e 1 Omega

Persoas  destinatarias
    • Idade: Nados entre o 2010 e o 2020, ambos inclusive.
    • Imprescindible saber nadar.
    • Terán prioridade os nenos e nenas empadroados no noso Concello e/ou socios do Náutico.

Prazas
    • 40 en total. 20 prazas na quenda de mañá e 20 na de tarde. 

Prazo

  • ​​​​​​​O pazo de inscrición estenderase ata o 29 xullo ás 14 h.
  • A persoa interesada só poderá preinscribirse nunha das quendas ofertadas, mañá ou tarde.
  • Unha vez rematado este prazo, só se admitirán novas solicitudes no caso de haber prazas vacantes, que serán adxudicadas por orde de presentación.

Solicitude de praza
    • Formulario en liña debidamente cumprimentado (PRAZO ORDINARIO REMATADO).
        ◦ Datos de pai/nai/titor e da persoa participante no curso.
        ◦ Autorizacións do pai/nai/titor. 
            ▪ Comprobación do empadroamento no Concello de Rianxo e/ou da condición de socio do C. Náutico de Rianxo.
            ▪ Protección de datos e uso de imaxes.
    • Fotocopia do DNI, ou do libro de familia (a entregar no Náutico).
    • No caso de tratamento médico ou doenza entregarase xustificante médico asinado polo facultativo pertinente (a entregar no Náutico)
    • Volante de empadroamento (só no caso de non autorizar a comprobación). 

Adxudicación das prazas
    1. As prazas adxudicaranse para cada quenda.
    2. No caso de as solicitudes non superen as prazas dispoñibles, a adxudicación das mesmas farase de xeito directo.
    3. No caso de que as solicitudes que cumpran o apartado 3 do apartado “Persoas destinatarias” non cheguen ao tope de prazas, estas adxudicaranse de xeito directo por orde de inscrición e sortearanse as unicamente as vacantes de cada quenda.
    4. Procedemento do sorteo:
        1. O sorteo público terá lugar na Casa do Concello de Rianxo o xoves, 30 de xullo, ás 12 h.
        2. Sortearanse as prazas vacantes en cada unha das quendas, despois da aplicación dos supostos detallados nos puntos 1 a 3 deste apartado.
        3. As listaxes de admitidos e reservas serán independentes para cada unha das quendas.
        4. No caso de ter que recorrer ás listaxes de reserva, utilizarase primeiro a da quenda correspondente e só se usaría a da outra quenda no caso que que non se cubriran as prazas.

Custo da actividade 
    • 30 € a abonar no Club Náutico, unha vez confirmada a praza (inclúe licenza federativa).
Indumentaria e equipo
    1. Aportado pola organización:
        1. Equipo de flotación individual (chaleco).
        2. Neopreno curto
    2. A traer polo neno/a:
        1. Crema solar
        2. Calzado: tenis ou chancletas que se poidan atar.
        3. Suadoiro ou cortaventos.
        4. Bañador.