Deportes

- Encontro amigable de baloncesto: MONBÚS OBRADOIRO CAB - FC PORTO BASKETBALL - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Encontro amigable de baloncesto: MONBÚS OBRADOIRO CAB - FC PORTO BASKETBALL

VENDA DE ENTRADAS:
  • Servizo de Deportes: luns a venres de 8:30 a 14:30 h.
  • Pavillón de Rianxo:
    • Xoves 24: de 10 a 14 e de 19:30 a 22 h.
    • Venres 25: de 10 a 14 e de 19:30 a 22 h.
    • Sábado 26: de 10 a 14:30 e de 16 a 20 h.
    • Luns 28: de 10 a 14 h. e de 19:30 a 22 h.
    • Martes 29: de 10:15 a 12:15 e de 19:30 a 22 h.
    • Mércores 30: de 10 a 13 h. e de 17:30 ao inicio do partido.

 

O Monbús Obradoiro CAB vai disputar un encontro amigable en Rianxo o vindeiro 30 de agosto, mércores, ás 20:30 h, no Pavillón Municipal. O rival será o FC Porto Basketball, subcampión de Portugal e participante na FIBA EUROPE CUP.

As entradas teñen un custo de 7 € (entrada única) e poderán mercarse no Pavillón de Rianxo e no Servizo de Deportes, a partir da tarde do mércores 23 de agosto.

A presentación do partido terá lugar o mércores 23 de agosto, ás 12 h, no Salón de Plenos do Concello de Rianxo, coa presenza de José Luís Mateo, Director Xeral do Obradoiro, e o Alcade de Rianxo, Adolfo Muíños.