Deportes

- Escola de Tríatlon - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Escola de Tríatlon

Unha das novidades do Programa Actividades Deportivas Municipais Verán 2016 é a Escola de Tríatlon, dirixida a nenos/as nados entre o 2000 e o 2009, ambos inclusive.

O tríatlon é un deporte que combina tres modalidades: natación, ciclismo e carreira a pé. Na escola, dun xeito ameno e divertido, practicaranse as tres disciplinas de xeito alternativo e conxunto, para que os participantes teñan un coñecemento do Tríatlon como un deporte e non como tres  independentes.

Necesidades

  • Saber nadar e montar en bicicleta.
  • Material para a Natación: bañador, gorro, gafas.
  • Material para a bicicleta: ter bici propia e casco, vale calquer bicicleta.
  • Material para a carreira  a pé: zapatillas e roupa axeitada para correr.
  • Bidón de auga.

Instalacións

  1. Piscina Municipal: natación
  2. Pistas Polideportivas do Colexio Castelao: carreira
  3. Aparcadoiro do IES Félix Muriel: bicicleta

Sesións e horarios

  • Martes e xoves:
    • 11:30 a 12:30: carreira
    • 12:30 a 13:30: natación
  • Venres:
    • 11:30 a 12:30: iclismo

Organiza