Deportes

- EVENTO FITNESS – VIRGINIA TORRES, NO PAVILLÓN DE RIANXO, O 1 DE ABRIL - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

EVENTO FITNESS – VIRGINIA TORRES, NO PAVILLÓN DE RIANXO, O 1 DE ABRIL

Presentamos o I EVENTO FITNESS, que se celebrará o vindeiro sábado, 1 de abril,  no Pavillón Municipal de Deportes de Rianxo “José Manuel Abuín”.

Este evento sae da colaboración entre a nosa veciña Virginia Torres e a Concellería de Deportes.  Será unha xornada de 2h de duración para desfrutar do mundo fitness, as novas tendencias deportivas, a presenza de adestradores profesionais e as últimas novidades musicais.

Virginia leva no ámbito do deporte e a nutrición 16 anos. É diplomada en Maxisterio especialista en Ed. Física, Técnica superior en adestramento persoal, Máster en xestión e dirección de instalacións deportivas, Técnica en Nutrición e Suplementación Deportiva, Técnica en adestramento en suspensión e adestramento funcional, Máster en recuperación postparto e hipopresivos (chan pélvico), Trainer de spinning con Bestcycling, Zumba, Les Mills, Yoga, Especialista en adestramento da muller/ sistema hormonal...
Na actualidade adícase ao adestramento persoal, sendo fundadora de WildPoint, unha app de adestramento en liña.
Ademais, contaremos coa Nolo Romero, Maria Lorincikova e Dj Mínimo Eventos.

Nolo Romero é Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte, con 20 anos de experiencia no sector do fitness, destaca pola súa polivalencia, estando capacitado para impartir todo tipo de actividades dirixidas, sendo xa  formador de monitores de actividades.
A sua paixón polo deporte o leva a competir a nivel nacional, campionatos europeos e mundiais de diferentes disciplinas.

María Lorinkova é bailarina profesional, coreógrafa e instrutora fitness. Empezou a bailar aos 4 anos, gañando competicións a nivel europeo e mundial. Participou en shows de TV coma ´Bailando por un soño´ en Eslovaquia, México e en España no programa de Noitevella de TVE. Desde fai 13 anos da clases de Zumba e dedícase tamén ao sector do fitness.

Unha experiencia saudable, enerxética e motivadora cun bo equipo de profesionais do ámbito deportivo.
Información  e inscricións en @wildpoint.es.