Deportes

- Éxito de participación e nivel deportivo no V Trofeo DISTRIBUNOSA - Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Éxito de participación e nivel deportivo no V Trofeo DISTRIBUNOSA - Concello de Rianxo

O pavillon de Rianxo acollera o próximo sábado 31 de Agosto o V Trofeo Internacional Distribunosa Concello de Rianxo, valedeiro para ELO Fide de rápidas e dentro do VIII Circuito Galego de Promoción e que esta organizado polo Club Xadrez Rianxo.

A participacion vai a ser masiva e a mais numerosa das ediciones disputadas ata este momento desbordando a previsión dos organizadores. A falta de confirmar os últimos datos, o numero de inscritos xa vai nos 250 xogadores o que convirte o torneo rianxeiro no mais importante en canto a participacion e calidade dos participantes dos celebrados en Galicia baixo este formato. Entre os participantes están xogadores de países con longa traxectoria no mundo do xadrez, así hai inscritos xogadores servios, rusos, cubanos, lituanos, uzbecos, ingleses,... e por suposto xogadores de todo Galicia e xogadores de varios puntos de España.

A lista de favoritos para facerse co torneo absoluto e os 500 € de premio e moi amplia porque o nivel dos participantes e moi alto con mais de vinte xogadores que superan os 2000 puntos de ELO, algo que esta o alcance de moi poucos xogadores e con alomenos quince xogadores con titulación internacional de Gran Maestro, Maestro Fide ou Maestro Internacional. Ainda que pode haber sorpresas porque o abano de xogadores de nivel e moi amplo, entre os maximos favoritos esta o xogador de orixe uzbeco Ibragim Kharankulov campeon de España de rapidas no 2010 e que ven de impoñerse no Torneo de Ferrol, o xogador cubano MI Arian González actual campeon do torneo, o GM cubano Lelys Stanley con numerosos torneos ganados, o lituano MF Nikita Meskovs que acaba de proclamarse campeon do prestixioso torneo do Albariño en Cambados. Entre o grupo de favoritos non podemos esquecer por méritos propios o xogador servio GM Aleska Strikovic, ganador da edición do ano 2012 e con innumerables torneos ganados no seu haber por todo o mundo. Entre as principais bazas galegas están os xogadores MI Diego Espiñeira, xogador local do Distribunosa Padrón Rianxo e o xogador ferrolano MF Antonio Pazos que, sen subida, van a poñerllo moi difícil os xogadores foráneos para facerse ca edición deste ano.

O Trofeo, dirixido a participantes de todas as idades acolle tres competicions: a absoluta na que participaran os mellores xogadores galegos e xogadores de outras nacionalidades esta dirixido a xogadores federados, o torneo de promoción para as categorías sub8-sub10-sub12 e sub14 e, finalmente a categoría de afeccionados para aqueles xogadores non federados.

A organización quere destacar que o torneo absoluto esta dentro do circuito oficial da FIDE (federacion internacional de xadrez) e que se trata dun torneo puntuable para ELO de rápidas. O ELO e un sistema de puntuación que trata de medir a forza ou nivel competitivo dos xogadores en un sistema único de ámbito internacional establecendo un ranking onde os mellores xogadores son os que teñen mais puntuacion ELO. A puntuación ELO so se obtén en determinadas competicions polo que e moi importante destacar que a Federación Internacional de Xadrez incluira o V trofeo Internacional Distribunosa Concello de Rianxo dentro dos torneos que dan dereito a puntuación ELO, en este caso de rápidas. Si facemos unha comparación co tenis equivale a ser unha proba do circuito ATP, e decir, dos mais importantes. Para os xogadores federados e de nivel deportivo este tipo de torneos son moi importantes e asisten ca máxima concentración porque son os que lle permiten mellorar no ranking.

A participacion prevista será de 125 xogadores no torneo de promoción, 100 xogadores no torneo absoluto e en torno a 30 xogadores no torneo de afeccionados.

A directiva do Club Xadrez Rianxo esta moi satisfeita pola boa acollida que ten este torneo que cada vez ten mais prestixio dentro do mundo do xadrez e que vai medrando cada ano que pasa. Ademáis, dende o club queremos invitar a todos os afeccionados da comarca a asistir a un dos mellores torneos de Xadrez que existen en estos momentos. Finalmente dende o club agradecen o patrocinio da empresa Distribunosa e do Concello de Rianxo porque gracias o seu apoio Rianxo e a comarca poden disfrutar dun torneo de primeiro nivel.