Deportes

O programa de Roteiros Goza do Ulla volve a Rianxo o vindeiro 27 de agosto coa ruta das trece cruces - Goza do Ulla 2023: As trece Cruces - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Goza do Ulla 2023: As trece Cruces

O programa de Roteiros Goza do Ulla volve a Rianxo o vindeiro 27 de agosto coa ruta das trece cruces

O Concello de Rianxo organiza a ruta de sendeirismo "As Trece Cruces", dentro do programa Goza do Ulla 2023, o domingo 27 de agosto.

O trazado previsto é unha ruta circular que percorre varios lugares destacados da contorna da desembocadura do río Ulla. Destaca a punta Patiño ou de Trece Cruces, onde se atopa un Vía Crucis marítimo-fluvial con fantásticas vistas e espazo de interese para a observación de aves. Tamén se bordeará o monte das Cercas, no que se atopan os restos dun castro. O percorrido permitiranos divisar a ría de Arousa e a marxe oposta pertencente aos municipios de Catoira e Vilagarcía, incluíndo a Illa de Cortegada.

Información da ruta:

​​​​​​​Data: 27 de agosto
Hora de inicio: 09:30 h
​​​​​​​Lugar de inicio/fin: Escola unitaria de Quintáns (GPS: 42.667818, -8.741161)
Duración (aprox.): 4 horas
Distancia (aprox.): 11 Km

Inscricións:

Ata o mércores 23 de agosto as 23:59)no seguinte link podes formalizar a túa inscrición:

Información:

Telf.: 622 322 953
Correo-e: turismo@avivae.com ou turismo@concelloderianxo.gal

A inscrición na actividade supón a autorización para a realización e difusión de imaxes por parte da organización. 

Non está permitido levar animais durante o percorrido desta actividade.