Deportes

Sábado, 6 de novembro ás 10:30 h.​​​​​​​​​​​​​​                 A beneficio da Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia. - I Andaina solidaria ASANOG - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2023

Actualidade

I Andaina solidaria ASANOG

Sábado, 6 de novembro ás 10:30 h.​​​​​​​​​​​​​​                 A beneficio da Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia.

AVISO IMPORTANTE (4 de novembro de 2021)
Esgotadas as 750 prazas para participar na I Andaina Solidaria ASANOG. Mil grazas a tod@s pola gran acollida desta iniciativa solidaria.
​​​​​​​Se queres colaborar, aínda é posible facendo unha doazón a través do DORSAL O premendo aquí.
​​​​​​​Tamén podes facer a túa aportación o sábado, na carpa de ASANOG que estará na Praza de Castelao.

A “Asociación de Axuda a Niños Oncolóxicos de Galicia”, ASANOG, coa colaboración do servizo de deportes do Concello de Rianxo, organiza a “I Andaina Solidaria ASANOG”, co obxectivo de recadar fondos para a asociación, á que irá o 100% do recadado a través das inscricións. A andaina con superpoderes!!!

Adrián Mosquera, o primeiro deportista olímpico rianxeiro, será o padriño da proba.

​​​​​​​Data e horario
Sábado, 6 de novembro.
​​​​​​​A saída do evento realizarase a partir das 10:30 horas, segundo o protocolo COVID que marque a lexislación vixente na data de celebración da proba.
​​​​​​​
Categorías e percorridos
​​​​​​​Establécese unha única categoría con independencia da idade. A andaina conta con un percorrido circular, con saída e chegada na  Praza de Castelao, e con dous niveis de dificultade:
     - Percorrido verde: 4 km.
​​​​​​​     - Percorrido amarelo: 11 km.

​​​​​​​Inscrición e prazo
Ata o xoves, 4 de novembro de 2021 ás 24:00 h.

  • ​​​​​​​En liña, a través da páxina de emesports.es/eventos
  • Presencial:
    • Servizo de Deportes. Edif. Cuartel Vello. Praza Castelao, 9. 15920 Rianxo.
    • Supermercado Claudio. Setefogas, 11 baixo. 15920 Rianxo.
    • O Cesar - Muebles e electrodomésticos. Estrada Rianxiño, 255, 15920. Rianxo.
    • Na Praza Castelao ata 15 minutos antes do inicio da proba.

Límite de prazas:  500 participantes
​​​​​​​Os dorsais recolleránse na Praza de Castelao o mesmo día da proba, entre as 9 e as 10:30 h.

Prezo

  • ​​​​​​​10 € para todas as persoas maiores de idade
  • ​​​​​​​5 € para as persoas menores de idade.

É obrigatorio inscribirse e retirar o dorsal para participar na andaina.

Dorsal solidario
​​​​​​​Se non se pode participar na andaina, pódese colaborar doando a cantidade desexada a través da pasarela de pago ou na Praza de Castelao o día da proba.

Agasallos
Camiseta conmemorativa para todas as participantes na andaina (ata fin de existencias).

Mais información no Servizo de Deportes do Concello de Rianxo.


Arquivos
Regulamento da proba
​​​​​​​Percorrido verde
Percorrido amarelo