Deportes

- I Depor Campus de Fútbol - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

I Depor Campus de Fútbol

O mércores 29 de abril presentouse o I Depor Campus de Fútbol, organizado polo R.C. Deportivo da Coruña en colaboración co C.D. Unión e o Concello de Rianxo, e que se celebrará en Rianxo do 27 ó 31 de xullo do 2015.

A presentación correu a cargo de Adolfo Adolfo Muiños, Alcalde de Rianxo, Joaquín Domínguez, Concelleiro de Deportes, Samir Sami Matar, Presidente do CD Unión, e os representantes do R.C Deportivo da Coruña: Jose Barcala, Director Área de Metodoloxía, Carlos Ballesta, Adxunto á Área de Captación e Alberto Gil.

I DEPOR CAMPUS RIANXO

O Campus, ó único que o Deportivo impartirá na nosa comarca, vai dirixido a nenos/as con idades comprendidas entre os 6 e os 15 anos, e celebrarase no Campo Municipal de Vilas (Asados) do 27 ao 31 de xullo en horario de 10 a 14 h.

O Campus contará con persoal técnico de R.C. Deportivo da Coruña.

TARIFAS E PRAZAS

O número de prazas e de 80.

O prezo do campus é de 100 €, e aplicarase un desconto dun 20% (20 €) nos seguintes casos (o desconto é acumulativo):

  • Participantes pertencentes ao CD Unión.
  • Nenos/as nados no Concello de Rianxo.
  • Familias con dous membros en paro.
  • Familias que inscriban mais dun fillo (aplicarase o desconto para cada un deles).

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

C.D. Unión, no Campo de Fútbol de Vilas.

Coordinador: Julio (63031588)

Presidente: Samir (630 146 448)