Deportes

- I Trial Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

I Trial Concello de Rianxo

Os montes de Leiro van acoller o I Trial Concello de Rianxo, que se celebrará os vindeiros 20 e 21 de setembro, sendo puntuable para o Campionado Galego de Trial.  A organización corre a cargo do Club Motociclista Teo, en colaboración co Concello de Rianxo e a Federación Galega de Motociclismo, e contando co patrocinio de Sabadell Gallego.

A competición arrancará o sábado ás 16 h. coa proba infantil, dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 13 anos, que se enfrontarán a cinco zonas. O domingo ás 10 h. chegará a quenda dos maiores, corenta pilotos, que chegan ao último tramo do Campionato Galego, xa que está é a sétima proba das nove que o compoñen. Ademais dos pilotos galegos, espérase a participación de deportistas de comunidades limítrofes coma Asturias e Castela León.

Na presentación, celebrada o día 9 de setembro,participaron Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, Carlos Gey, 1º Tenente de Alcalde, Fernando Fernández, Vicepresidente da Federación Galega de Motociclismo, David Alcalde, en representación do Club Motociclista Teo e José Ricardo García de Sabadell Gallego.

Programa

Sábado, 20 de setembro, 16 a 18:30 h.: Proba infantil

Domingo, 21 de setembro, de 10 a 15:30 h.: Proba Absoluta.

Plano das zonas