Deportes

- II Andaina Solidaria En Favor Do Pobo Saharahui - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

II Andaina Solidaria En Favor Do Pobo Saharahui

O Concello de Rianxo, e a SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui), organizan unha nova edición da Andaina Solidaria..

A andaina ten un carácter popular, na que calquera persoa poida participar, pois os percorridos teñen un perfil e unha distancia accesibles a calquera estado de forma física. Así, pretendemos que sexa unha grande festa deportiva para os veciñ@s, turistas e afeccinoad@s ao deporte.

Nesta segunga edición, a proba organizase a beneficio de SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí), que desenvolve día a día un grande traballo de solidariedade, sendo  destinado a tal fin o 100%  do recadado. Necesitamos do voso apoio e participación para que poidan seguir coa súa labor.

Pódese colaborar participando na Andaina, na Carreira ou a través do Dorsal 0, facendo unha doazón polo importe desexado.

Información xeral

Aquí pódese atopar a información principal da proba. Para ampliala acudir ao regulamento completo da proba ou ao Servizo Municipal de Deportes.

Regulamento da Proba

Percorrido Andaina 12 km

Percorrido Andaina 5 km

Inscricións (premer aquí)

Inscricións e prezo

Inscrición en  liña (aquí), ata o xoves 3 de agosto de 2023 ás 23:59 h.
Presencial:  na Praza Castelao ata 15 minutos antes do inicio da proba.

É obrigatorio inscribirse e retirar o dorsal para a andaina.

Gratuito  de 0 a 3 anos

3 € de 4 a 17 anos

6 € maiores de 18 anos
Dorsal 0 (Solidario): Doazón da cantidade desexada (mínimo 3 €) a través da pasarela de pago ata o 3 de agosto de 2023 ás 23:59 h. Ou na Praza Castelao ata 15 minutos antes do inicio da proba. Non da dereito a dorsal.

Límite prazas:

A andaina  ten un límite de prazas de 750.