Deportes

- II Regata de Kayak de Mar Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

II Regata de Kayak de Mar Concello de Rianxo

O Club de Piragüismo Rianxo organiza II REGATA DE KAYAK DE MAR CONCELLO DE RIANXO - CONSERVERA DE RIANXO, pertencente á XVI Liga de Galega de Kayak (II Copa Sipre).

Celebrarase o sábado, 4 de abril, a partir das 16 h., no porto de Rianxo e trátase da segunda regata da liga, que se disputa a un total de nove probas. Deseñouse un triángulo de 5.000 m. na enseada de Rianxo, ao que os deportistas de pádel surf e os kayakistas cadetes darán unha volta. O resto de deportistas darán dúas voltas para completar os 10 km.

Programa

16:00 h. Inicio Regata
19:00 h. Remate
19:30 h. Entrega de trofeos na Lonxa vella.

Modalidades e categorías: A modalidade principal é a de kayak de mar, se ben tamén haberá competición de pádel surf. As categorías son: ELITE E POPULAR

•  CATEGORÍA ELITE:

SPRINTER/SURFSKI
SS/K-1 Cadete masculino e feminino
SS/K-1 Xuvenil masculino e feminino
SS/K-1 Sénior masculino e feminino
SS/K-1 Veterano (35-45) masculino e feminino
SS/K-1 Veterano (+45) masculino e feminino
SS/K-2 Cadete masculino e feminino
SS/K-2 Xuvenil masculino e feminino
SS/K-2 Sénior masculino e feminino
SS/K-2 Veterano masculino e feminino
SS/K-2 Mixto (absoluto)

  • CATEGORIA POPULAR:
  • TRADICIONAL

-K-1 Sénior masculino e feminino
-K-1 Veterano masculino e feminino

  • CLÁSICO

-SS/K-1 masculino e feminino
-SS/K-2 masculino, feminino ou Mixto (categoría única)
Paleo A Pe (SUP Race)

 

Organiza

Club Piragüismo Rianxo e Federación Galega de Piragüismo.

Patrocina

Conservera de Rianxo, S.A. e Concello de Rianxo, que colabora tamén na organización.