Deportes

- III Trail Castro Barbudo - Revolutrion Trail Series 2018 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

III Trail Castro Barbudo - Revolutrion Trail Series 2018

O domingo 8 de abril disputarase o III Trail Castro Barbudo, a proba que pecha o circuíto Revolutrion Trail Series Arousa Norte 2018. A presentación do evento tivo lugar na Casa do Concello e participaron Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, e Eduardo Iglesias, de Arousa Neo, organizador da proba.

Adolfo Muíños falou da aposta decidida dos concellos e da mancomunidade Arousa Norte polas probas deportivas como atractivo turístico e dinamizador da comarca. Resaltou a beleza do circuíto e as súas vistas e paisaxes únicas, que cada ano reúnen a máis participantes.
Recoñeceu os esforzos da organización por mellorar ano a ano a proba e facela máis atractiva. Cóidanse con mimo os detalles que nos identifican, como, por exemplo, os trofeos, creados para a ocasión por unha artesá local e que representan os produtos e conservas propios da nosa terra.

Eduardo Iglesias explicou os pormenores da proba, que se trata da máis longa do circuíto (14,8 km) e a segunda con máis desnivel positivo acumulado (+710 m). Variouse o trazado, baixando ata o Traba pero sen perder os referentes doutros anos coma o alto do Castro Barbudo, o alto da Cruz, o bosque de acacias...

A saída está prevista para as 11 h e a partir das 10 h entregaranse os dorsais no Pavillón Municipal de Taragoña, no que estarán centralizados todos os actos e servizos (duchas, entrega de trofeos... ).


O prazo de inscrición está aberto ata o xoves na páxina web de Arousa Neo.