Deportes

- III Travesía a nado Vila de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

III Travesía a nado Vila de Rianxo

A III Travesía a nado "Vila de Rianxo" terá lugar o 2 de xuño, e está organizada por Serviocio, empresa concesionaria do Centro Deportivo Rianxo, coa colaboración do Concello de Rianxo e do Club Naútico de Rianxo. A proba comezará ás 11:30 horas e a saída farase desde o peirao (en fronte á antiga lonxa).

Haberá tres categorías coas seguintes distancias:

  • Categoría A: 900 metros
  • Categoría B: 1500 metros.
  • Categoría C: 2000 metros.

En primeiro lugar sairán os/as participantes da distancia máis curta, a continuación os de media distancia e, por último, os de longa distancia,  en quendas de 3 minutos aproximadamente.

Ás 10:45 horas terá lugar a recepción, marcación de números e explicación do percorrido para todos os inscritos/as, sendo ás 11:15 horas o quecemento da proba.

A inscrición será gratuíta para os/as socios/as do CLUB DOCE e de 3 € para o resto de abonados/as ServiOcio que non son socios/as DOCE. Os non abonados/as pagarán 6 €.

A inscrición realizarase na Piscina Municipal de Rianxo (981 86 00 86 e rianxo@serviocio.es)  e na sección Descargas da páxina de ServiOcio.

Non se permite a utilización de traxe de neopreno salvo que a temperatura estea por baixo dos 17ºC, pero si licra térmica. Recoméndase a utilización de gorro e lentes.

Cada participante deberá levar escrito o número lle sexa asignado en grande e nun lugar visible para a organización (será marcado pola organización). Os da categoría A levarán os nº 1, 10, 11, 12, 13, 100, 101, etc, os da categoría B empezarán polo 2 e os da categoría C polo 3.

É obrigatorio ter cuberto o Par-Q e é recomendable levar a cabo os programas de adestramento específicos para a proba.

A organización conta cun seguro de RC e de Accidentes que cobre este tipo de probas. Ademais serán tramitados os seguros persoais para cada participante de maneira individual.

Haberá premios para os dous primeiros de cada categoría que serán os seguintes:

O/a primeiro/a clasificado/a en a categoría A recibirá un curso gratuíto durante un mes, e o/o segundo/a clasificado/a un kit de piscina.

O/a primeiro/a clasificado/a de a categoría B levará un abono gratuíto durante un mes, e o/o segundo/a clasificado/a un kit de piscina.

O/a primeiro/a clasificado/a de a categoría C entregaráselle un abono e un curso gratuíto durante un mes, e o/o segundo/a clasificado/a un kit de piscina.

Haberá diploma para todos/as os/as participantes.

Mais información na Piscina Municipal de Rianxo: 981 86 00 86