Deportes

- IV ANDAINA 25 KM DO BARBANZA - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

IV ANDAINA 25 KM DO BARBANZA

O Club de Montaña Vintedouspés, en colaboración co Servizo de Deportes do Concello de Rianxo, organiza a IV Andaina de 25 km do Barbanza, incluída no VII Open Andainas de Regularidade de Galicia. A cita é o 2 de outubro e percorrerá camiños do concello de Rianxo.

Hai dous percorridos distintos:

Andaina 25 km

Dificultade Media

Duración estimada 5 h

Percorrido Circular con saída desde a área recreativa de Campo Maneiro, na parroquia de Taragoña, para dirixirse ao Pico Muralla, cunha fermosa panorámica da ría de Arousa e iniciar o descenso ata o punto de orixe pasando por Ourille e o Castro barbudo.

Andaina 15 km

Dificultade Media

Duración estimada 3 h

Este percorrido coincide na súa maior parte coa andaina de 25 km, pero non chega ata o Pico Muralla, un pouco mais alá de ourille se inicia o descenso ata pasar polo Castro barbudo e chegar ao Campo Maneiro, que é o punto de orixe.

Inscricións:

A través de emesports.es (pincha aquí)


Máis información:

https://emesports.es/eventos

http://vintedouspes.blogspot.com/