Deportes

- IV Carreira Popular "Concello de Rianxo" - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

IV Carreira Popular "Concello de Rianxo"

O Concello de Rianxo, a Mancomunidade de Municipios Arousa-Norte e o Club Atletismo Rianxo organizan a IV Carreira Popular Concello de Rianxo, o martes 1 de novembro de 2016. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos:

Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Información e Inscricións

No Servizo de Deportes, nos pavillóns polideportivos municipais, e en emesports.es.

Prazo:

Ata o venres 28 de outubro de 2016 ás 24:00 h. Non se aceptarán inscricións fora de prazo ou con datos incompletos.

Onde:

emesports.es

Prezo:

  • Gratuíto para as categorías de xoubas a cadete.
  • 6 € nas categorías xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteráns.
  • 20 € Circuíto Carreiras Populares Arousa Norte ( 4 probas ).

Categorías

  • Xoubas 2011-2012-2013 . 3 saídas, agrupados por ano de nacemento.

  • Sardiñas 2009-2010.

  • Benxamín 2007-2008.

  • Alevín 2005-2006.

  • Infantil 2003-2004.

  • Cadete 2001-2002.

  • Xuvenil 1999-2000.

  • Júnior 1997-1998.

  • Promesa 1994-1995-1996.

  • Sénior 1982-1993.

  • Veteranos 1 1977-1981.

  • Veteranos 2 1967-1976.

  • Veteranos 3 1957- 1966.

  • Veteranos 4 1956 e anteriores.


Lugar de saída e percorrido

Saída e chegada na Praza de Castelao.

Establécense 4 percorridos, aos que se darán as voltas indicadas na táboa de distancias.

    Percorrido amarelo: 100 m.

    Percorrido verde: 500 m.

    Percorrido azul: 750 m.

    Percorrido vermello: 3.333 m.


Distancias e horarios

Categoría

Distancia

Horario

Percorrido

Nº voltas

Xoubas

100 m.

10:45 h.

Amarelo – 100 m.

1

Sardiñas

500 m.

11:00 h.

Verde – 500 m.

1

Benxamín

1.000 m.

11:10 h.

Verde – 500 m.

2

Alevín

1.500 m.

11:25 h.

Azul - 750 m.

2

Infantil:

2.250 m.

11:40 h.

Azul – 750 m.

3

Cadete:

6.600 m.

12 h..

Vermello

2

Xuvenil/Júnior/
Promesa/Sénior e Veteranos

10.000 m.

12 h.

Vermello

3

 

Retirada de dorsais e chips.

Na Praza de Castelao o mesmo día da proba a partir das 9 h. e ata o inicio da mesma.

Control por chip
Agás os participantes nas categorías xoubas e sardiñas, os demais participantes estarán controlados a través dun chip que se entregará a cada participante xunto co dorsal. Deberá colocarse na zapatilla antes da saída.

Premios

A Clasificación e Premios regúlanse no apartado 9 do Regulamento do I Circuíto de Carreiras Populares Arousa-Norte. Ademais dos premios do Circuíto, na Carreira Popular Concello de Rianxo outorgaranse os seguintes:

 

Medallas

Medallas para todos os participantes (ata fin de existencias) nas categorías Xoubas, Sardiñas, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

 

Trofeos

Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina.

Trofeo “Xosé Neira Hermida” ao primeiro e primeira corredor/a local.

Trofeo ao club con mais participantes.

 

Premios

Premio para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba, tanto en categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios: 1º-150 €, 2º-100 € e 3º- 50 €.

 

Agasallos

Os participantes nas categorías xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos recibirán un agasallo técnico.