Deportes

- IV Travesía a nado Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

IV Travesía a nado Concello de Rianxo

A IV edición da Travesía a Nado "Vila de Rianxo" terá lugar o 8 de xuño, e está organizada por AuqafitGestión, empresa concesionaria da Piscina Municipal de Rianxo, ademais de contar coa colaboración do Concello, Club Naútico de Rianxo, Club de Remo, Club de Piragüismo, cafetería /bocatería Toffe, Camping de Rianxo e Hostal O´Portiño.

Este ano espérase superar a participación da pasade edición, na que participaron 70 nadadores de todas as categorías.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN

Na Piscina Municipal (981860086):

Formulario de inscrición

PERCORRIDO E CATEGORÍAS

A proba comezará ás 11:30 horas e a saída farase dende o peirao (en fronte á antiga lonxa- porto de Rianxo).
Haberá tres categorías coas seguintes distancias:

  • Categoría A: 2000 metros
  • Categoría B: 1500 metros.
  • Categoría C: 900 metros.
  • Categoría 14/16: 600 metros.

Recoméndase o uso de traxe de neopreno, lentes e gorro.
Haberá premios para os dous primeiros de cada categoría que serán os seguintes:

 Os/as primeiros/as clasificados/as nas categorías A-B-C E NA DE MENORES 14/18 recibirá UN TROFEO-

Os/as segundos/as clasificados/as nas categorías A-B-C E NA DE MENORES 14/18 recibirá UNHA MEDALLA.

Os premios serán en categoría masculina e feminina.
Haberá diploma para todos/ás os/ás participantes así coma alguna premio especial que otorgará a organización.

ADEMAIS FAREMOS UN SORTEO DUNHA NOITE NUN HOSTAL DE RIANXO , E UN FIN DE SEMANA NUN BUNGALOW.