Deportes

- IX Bandeira de Traiñeiras "Conservera de Rianxo - Concello de Rianxo" - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

IX Bandeira de Traiñeiras "Conservera de Rianxo - Concello de Rianxo"

O vindeiro sábado, 14 de xullo, disputarase en augas de Rianxo a IX Bandeira de Traiñeiras "Conservera de Rianxo - Concello de Rianxo".

A proba dará comezo ás 18 h. no peirao exterior de Rianxo e está organizada polo Club de Remo Rianxo en colaboración do Concello de Rianxo, contando co patrocinio de Conservas Cortizo (Conservera de Rianxo, S.A.).

A regata está integrada no calendario da Liga Galega de Traiñeiras - B e participaran un total de 9 clubs: Mecos-Mondariz, Puebla, Robaleira, Rianxo, Esteirana, Salgado-Perillo, Morrazo, Coruxo, Cesantes.

 

O Club de Remo Rianxo ocupa a cuarta posición na clasificación, nos puntos que dan dereito á promoción de ascenso á LGT-A e a solo 3 puntos do primeiro clasificado, Mecos-Mondariz.