Deportes

- IX Día do Deporte - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

IX Día do Deporte

O Concello de Rianxo está a preparar unha nova edición do DÍA DO DEPORTE, no que se vai recoñecer o traballo dos clubs e deportistas rianxeiros en prol do desenvolvemento do noso deporte nas anualidades 2013 e 2014.

Os clubs deportivos, os deportistas máis destacados e os patrocinadores que apoian o deporte serán os principais protagonistas deste acto que xa chega á súa novena edición. Na anterior gala, celebrada en 2013, homenaxeouse a 14 clubs, 40 deportistas e 20 patrocinadores. Ademais, farase entrega do Premio ó Mérito Deportivo, que recoñece a unha persoa cunha traxectoria de especial entrega e adicación na promoción do deporte e dos valores deportivos en Rianxo.

O acto está previsto que se celebre o 7 de marzo, no Auditorio Municipal.

O Servizo de Deportes está recopilando a información de clubs e deportistas rianxeiros, pero no caso de ter coñecemento dalgún deportista destacado que compita con entidades de fora do concello podedes comunicalo a través do correo deportes@concelloderianxo.es ou na oficina do Servizo.