Deportes

- María Vilas, Olímpica en Río 2016, en Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

María Vilas, Olímpica en Río 2016, en Rianxo

A nadadora olímpica, María Vilas Vidal, a "Serea de Castiñeiras", que hai menos dun mes participou nos Xogos Olímpicos de Rio 2016, estará acompañada do director técnico e adestrador do Club natación Riveira, Juan Carlos Brión, e adestrador de María dende "rapariga".

Os dous contarannos nunha charla - coloquio a súa experiencia olímpica, os duros adestramentos e experiencias que está vivindo nestes intres adestrando no grupo de Fred Vergnoux xunto ao lado da outra olímpica Mireia Belmonte. Juan Carlos expoñeranos todo o traballo e esforzo persoal que conleva o duro e reconfortante deporte da natación.

Será o XOVES 8 DE SETEMBRO AS 20:30 h. cando teremos a María e Juan Carlos no Auditorio Municipal, polo que convidamos a tod@s @s nen@s e maiores, a participar neste acto, pois non sempre podemos escoitar de primeira man a experiencia dunha deportista deste nivel e categoría.

Ese mesmo día, ás 18:30 h. María Vilas impartirá unha MASTER CLASS na Piscina Municipal. Solicita información na instalación.