Deportes

- O Barbanza Rugby Club establécese en Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

O Barbanza Rugby Club establécese en Rianxo

O Barbanza Rugby Club xa está en Rianxo. Foi un camiño lento
pero desde a primeira reunión, na que os responsables do club expuxeron o seu proxecto, desde o Concello entendemos que  era unha oportunidade para o noso pobo acoller esta modalidade deportiva que estaba avalada por un grupo de xente unida por unha paixón común e con moitas gañas de traballar.

O primeiro paso foi conseguir a cesión do Campo de Fútbol de Santa Lucía e recuperalo para a práctica do deporte. En ese sentido, cabe agradecer a colaboración da CC.MM. en Man Común de Asados, propietario da instalación, que asinou un convenio por 5 anos co Concello de Rianxo que fai posible satisfacer a demanda dun espazo para a práctica do rugby e outras modalidades deportivas.

Nestes momentos estase a acondicionar o campo, moi deteriorado pola falta de uso e actos vandálicos. O Concello está repoñendo a instalación eléctrica e de fontanería, mentres que o Barbanza Rugby Club está acondicionando o terro de xogo, porterías... agardando que Santa Lucía luza a altura da expectativa e esperanza que nel se depositan.

* Fotos cortesía de fotosderianxo.com

 

Escolas de Rugby

O club iniciou xa a súa actividade en Rianxo, coa recente creación das súas escolas de rugby os sábados pola maña, un lugar onde compartir, aprender e vivir experiencias rodeados do ambiente familiar, amigable e de respecto do rugby e os seus valores. O Barbanza ten intención de formar a novos xogadores e apaixonados pero, sobre todo, quere axudar a crear mellores persoas a fin de agradecer a tódalas entidades, socios e colaboradores que isto sexa posible.

Iniciación Rugby

Calendario:

A partir do 2 de xullo

Idade mínima e categorías

  • Idade mínima 4 anos

  • Categoría sub-12, sub-14, sub-16 e sub-18 (compiten)

  • M6, m8 e m10 (concentracións)

Días e horarios

  • Sábados de 12 a 14 h.

Prezo

  • Socio dun dos pais – 10 €

Información e inscricións

Barbanza Rugby Club
Campo de Santa Lucía.
Montegrande, s/n. Asados. Rianxo.
barbanzarugbyclub@gmail.com
651 07 58 32 (Siso)