Deportes

- O camiño de Santiago 2022: A Orixe - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

O camiño de Santiago 2022: A Orixe

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza o “Camiño de Santiago 2022: a Orixe”, que corresponde co percorrido do Camiño de Santiago pola zona do Barbanza.

A actividade desenvolverase en 6 etapas, nos meses de abril a xuño, desde Corrubedo ata Santiago de Compostela.

O prazo de inscrición para a primeira etapa xa está aberto, e remata o 18 de abril ás 14 h.

As inscricións poderán formalizarse do seguinte enlace da plataforma Cluber:

Formulario de inscrición e bases da organización.

Se tes algún problema coa túa inscrición poderás facelo na oficina do Servizo de Deportes.

Recorda que o pago se fará unha vez se confirme a inscrición e sempre a través dunha carta de pago emitida polo servizo de recadación e que vos será facilitada.