Deportes

- Partido de Baloncesto RÍO NATURA MONBUS - GIPUZKOA BASKET en Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Partido de Baloncesto RÍO NATURA MONBUS - GIPUZKOA BASKET en Rianxo

Ven de presentarse o I Trofeo de Baloncesto Asociación da Prensa de Santiago de Compostela, que enfrontará en Rianxo ao RÍO NATURA MONBUS (OBRADOIRO CAB) e o GIPUZKOA BASKET, equipos que militan na Liga ENDESA (ACB).

O partido celebrarase o mércores  2 de outubro, ás 20:30 h., no Pavillón Municipal de Deportes e trátase dun evento moi especial para Rianxo xa nos achegará a clubs e xogadores da elite do baloncesto galego, español e internacional. O choque será unha das primeiras ocasións  de ver ao completo en directo ao novo Rio Natura Monbus con todas as novas incorporacións.

A organización do partido corre a cargo do Servizo de Deportes do Concello de Rianxo  e cóntase coa patrocinio de OZIONA, Soluciones de Entretenimiento.

Durante o acto, o Alcalde, Adolfo Muíños, aproveitou para agradecer á Asociación de Prensa e ó Obradoiro que pensaran en Rianxo para a disputa deste Trofeo, ao tempo que destacou que o Río Natura Monbús é o equipo de baloncesto de todos os galegos, que nos representa por toda España e ao que todos apoiamos. Rematou a súa intervención invitando a todos os rianxeiros e xentes da comarca a achegarse ao partido.

O Director Xeral do Obradoiro, José Luís Mateo, resaltou que teñen moita ilusión por este partido, que é o primeiro que xogan esta tempada contra un equipo ACB fora de Santiago, e que se enmarca no seu obxectivo de levar o “proxecto Obradoiro” por toda Galicia. Ao tempo sérvelles para recoñecer o labor da prensa de Santiago no seguimento e difusión do día a día da súa actividade

O Presidente da APSC, Luís Menéndez, destacou que Rianxo e o lugar axeitado para a celebración deste partido, xa que se trata dun referente cultural para toda Galicia.

Carlos Gey, 1º Tenente de Alcalde, falou do compromiso do Concello de Rianxo pola promoción do deporte en xeral e do Deporte Base.

Información xeral:

  • Prezo da entrada: 7 € (entrada única)
  • Venda anticipada:    A partires do 26 de setembro ás 18 h.
  • Venda o día do partido: Pavillón de Rianxo.
  • Apertura de portas: 19:30 h.
  • Puntos de venda anticipada:
    •   Pavillón de Rianxo, no seu horario de apertura
      • luns a venres, de 10 a 13:30 h. e de 16 a 22:30 h. (excepto luns ás 21:30 h.)
      • sábados, de 11 a 13:30 e de 16 a 22:30 h.
    • Oficina do Servizo Municipal de Deportes
      • luns a venres, de 8:30 a 15 h.