Deportes

- Presentación do CURSO CAFD SOCORRISMO en espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Presentación do CURSO CAFD SOCORRISMO en espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas

Presentouse na Casa do Concello de Rianxo o CURSO CAFD DE SOCORRISMO en espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas, organizado pola Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia, coa colaboración do Servizo de Deportes e da Piscina Municipal de Rianxo.

A presentación correu a cargo de Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, Óscar Rial, director da Piscina Municipal de Rianxo, e Ramón Villanustre, técnico de Deportes do Concello de Rianxo.

Adolfo Muíños falou dos problemas que os concellos teñen para atopar persoal cualificado neste ámbito e poder cubrir os postos que se ofertan nos veráns para traballar como socorristas nas praias. Dixo que con esta actividade formativa se pretende dar solución a este problema, achegando a formación a Rianxo e facéndoa máis accesible ás persoas do ámbito da actividade física e do deporte, co obxecto de que complementen a súa formación e adquiran capacitación para traballar como socorristas, tanto en espazos acuáticos naturais coma en piscinas.

Óscar Rial destacou que desde a piscina acostuman a ter problemas para atopar traballadores con esta formación, polo que van colaborar no desenvolvemento do curso.

Ramón Villanustre debullou os aspectos técnicos do curso e a información sobre a matrícula, que se pode atopar nas seguinte ligazóns: